Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

Titularidade e responsabilidade

A titularidade da Sede electrónica correspóndelle á Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra.

A xestión técnica correspóndelle ao servizo competente en novas tecnoloxías, que deberá adoptar as medidas necesarias para que a identificación, accesibilidade, dispoñibilidade, integridade e seguridade da Sede respondan ás esixencias normativas vixentes. Así mesmo, garantirá que a través da Sede electrónica se poida ter acceso á totalidade dos servizos, procedementos e informacións esixidos na normativa vixente.

A responsabilidade dos contidos e dos servizos postos á disposición da cidadanía na Sede electrónica será de cada órgano ou unidade administrativa da Deputación de Pontevedra responsable da iniciativa.

SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra