Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

Facturas electrónicas - Información

O Regulamento da Administración electrónica da Deputación de Pontevedra crea o sistema de facturación electrónica, que se configura como o espazo único de entrada de facturas na rede, a través do cal as e os provedores de bens e servizos desta institución poden cursar as súas facturas de forma electrónica, sen esperas nin desprazamentos. Deste xeito, este sistema configúrase como o punto de referencia único para as e os empresarios ou profesionais que están obrigados a expedir facturas polas entregas de bens e prestacións de servizos que realicen no desenvolvemento da súa actividade.

Os principais beneficios da factura electrónica son: acurtar os ciclos de tramitación, incluído o cobro; reducir erros humanos; eliminar custos de impresión e envío postal; facilitar un acceso máis rápido, áxil e fácil ás facturas almacenadas; reducir drasticamente o espazo necesario para o seu almacenamento; eliminar o consumo de papel e o seu transporte, co consecuente efecto positivo sobre o medio, e facilitar a loita contra a fraude.

Requisitos das facturas electrónicas para a Deputación de Pontevedra

As facturas electrónicas presentaranse a través deste sistema, cubrindo os datos solicitados no formulario habilitado ou xuntando a este un ficheiro en formato Facturae. As facturas presentadas serán asinadas polo sistema de facturación electrónica utilizando o certificado propio da persoa interesada.

De conformidade coa Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público, as facturas que se remitan á Deputación de Pontevedra serán electrónicas e axustaranse ao formato estruturado de factura electrónica Facturae, versión 3.2, sen extensións, con sinatura electrónica XAdES. Outros formatos, como PDF, non se admitirán como facturas electrónicas válidas.

Rexeitaranse as facturas que se remitan sen se axustar aos formatos e especificacións previstas, nin tampouco aquelas asinadas con certificados caducados, revogados ou suspendidos no momento da súa expedición, que non se considerarán validamente remitidas ás persoas destinatarias nin recibidas por estas.

Códigos DIR3

A Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da facturación electrónica e de creación do rexistro contable de facturas no sector público, establece entre outros requisitos, que as facturas emitidas para o sector público deben incluír os seguintes códigos de rexistro contable:

  • Código da oficina contable
  • Código da unidade tramitadora
  • Código do órgano xestor

Os códigos correspondentes á facturación de as e os provedores e contratistas emitida polos contratos e servizos realizados para a Deputación de Pontevedra e para a Fundación Escola de Enfermería son os seguintes:

  • Código da oficina contable: LA0006135
  • Código da unidade tramitadora: LA0006135 - Intervención, salvo no caso das facturas de certificacións, onde será o que se especifique no contrato, de entre os da táboa adxunta
  • Código do órgano xestor: detállanse na táboa que se mostra a continuación
Código do órgano xestor
  • LA0006112 - Centro Príncipe Felipe
  • LA0006113 - Escola de Canteiros
  • LA0006114 - Fomento da Cultura da Lingua Galega
  • LA0006115 - Patrimonio Documental e Bibliográfico
  • LA0006116 - Museo Provincial
  • LA0006117 - Servizos Lingüísticos
  • LA0006118 - Deportes
  • LA0006119 - Medio Ambiente
  • LA0006120 - Finca Mouriscade
  • LA0006121 - Estación Fitopatolóxica Areeiro
  • LA0006122 - Turismo Rías Baixas
  • LA0006123 - Mobilidade
  • LA0006124 - Arquitectura
  • LA0008006 - Corporación-Presidencia
  • LA0008007 - Corporación-Vicepresidencia
  • LA0006125 - Gabinete de Presidencia
  • LA0006126 - Secretaría Xeral
  • LA0006127 - Recursos Humanos
  • LA0006128 - Contratación, Facenda e Patrimonio
  • LA0006129 - Servizo de Asistencia Intermunicipal
  • LA0006130 - Servizo de Comunicación Institucional
  • LA0006132 - Novas Tecnoloxías
  • LA0006133 - Asesoría Xurídica
  • LA0006134 - Prevención de Riscos Laborais
  • LA0006135 - Intervención
  • LA0006136 - ORAL
  • LA0006137 - Tesourería
  • LA0006138 - Cooperación cos Municipios
  • LA0007802 - Promoción de Emprego
  • LA0007803 - Igualdade
  • LA0008004 - Cohesión Social e Xuventude

Todas as facturas enviadas a partir do 16 de abril de 2015 deberán utilizar os códigos anteriormente mencionados. Para máis información sobre os códigos anteriores ten á súa disposición o seguinte enlace.

Referencias legais

SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra