Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

Requisitos técnicos

Para poder operar con normalidade nesta Sede electrónica é necesario cumprir os seguintes requisitos:

  • Navegador actualizado. A Sede electrónica é compatible cos navegadores Chrome e Firefox nas súas últimas versións. En calquera caso, debe terse en conta que poderían presentarse pequenas diferenzas de presentación de contidos nos navegadores mencionados
  • Dispoñer dun certificado dixital. A Sede ofrece dous tipos de servizos: por unha banda, servizos de acceso libre, e pola outra, servizos que requiren a identificación previa da ou do cidadán. Estes últimos (por exemplo, a presentación de solicitudes por vía electrónica) requiren dispoñer dun certificado electrónico válido de dous tipos: DNI-e ou un certificado da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Para obter máis información acerca disto pode consultar os sistemas de sinatura admitidos
  • Lector de documentos PDF. Concretamente, necesítase dispor do visor Acrobat Reader (versión 8.0 ou superior) para poder visualizar os xustificantes de recepción xerados pola Sede
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra