A través desta Sede electrónica da Deputación de Pontevedra é posible acceder aos seguintes servizos:
Acceso libre
- Consulta do catálogo de procedementos administrativos da Deputación e dos trámites que poden iniciarse na Sede electrónica
- Consulta da norma de creación de rexistros electrónicos, data e hora oficial e días declarados como inhábiles
- Acceso á normativa de administración electrónica da Deputación e a outras normas de carácter estatal e comunitario
- Acceso á edición dixital do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)
- Verificación de documentos a través do seu código seguro de verificación (CSV)
- Acceso ao taboleiro de anuncios e edictos da Deputación para consultar os acordos, resolucións, comunicacións e calquera outra información de interese xeral desta institución
- Avisos de interese para a cidadanía
- Consulta da data, hora oficial e calendario de días inhábiles para os efectos do cómputo de prazos
- Acceso mediante certificado electrónico
- Envío de queixas e suxestións
- Presentación electrónica de solicitudes para os procedementos administrativos que estean habilitados para a súa tramitación electrónica
- Presentación electrónica de calquera documento por Rexistro electrónico aínda que non forme parte dun procedemento administrativo concreto ou que non teña habilitada unha canle electrónica específica
- Sistema de verificación dos certificados da sede
- Consulta do estado de tramitación dos seus expedientes presentados ante a Deputación