Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

Coñece a sede electrónica

Unha sede electrónica é aquel enderezo electrónico, dispoñible para a cidadanía a través de redes de telecomunicacións, cuxa titularidade lle corresponde a unha administración pública no exercicio das súas competencias. O establecemento dunha sede electrónica leva unida a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos aos que se poida acceder a través dela.
A Sede electrónica da Deputación de Pontevedra constitúe un punto de acceso seguro á información e aos trámites de cidadanía e empresas, garantindo a integridade, a veracidade e a actualización da información e os servizos aos que poida accederse a través dela, segundo os principios de transparencia, publicidade, responsabilidade, calidade, seguridade, dispoñibilidade, accesibilidade, neutralidade e interoperabilidade.
A Sede electrónica, accesible a través do enderezo https://sede. depo.gal e cuxa titularidade lle corresponde á Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, permite a presentación de solicitudes, escritos ou petición sobre calquera asunto por vía electrónica. Estas peticións deberán ir dirixidas a departamentos da Deputación de Pontevedra.

A Sede electrónica da Deputación de Pontevedra créase e réxese segundo o establecido no Regulamento da administración electrónica da Deputación de Pontevedra, de 8 de xaneiro de 2015.
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra