Aquí tense acceso ás notificacións –pendentes e realizadas– e comunicacións emitidas por diferentes organismos. Ademais, para as notificacións pendentes podes realizar a comparecencia e acceder ao seu contido
Mediante o enderezo electrónico habilitado calquera persoa física ou xurídica disporá dun enderezo electrónico para a recepción das notificacións administrativas que poidan realizar por vía telemática as distintas administracións públicas.
Como receptor de notificacións, este servizo ten carácter gratuíto.
Asociado ao enderezo electrónico habilitado, o seu titular disporá dunha caixa de correo electrónica na que recibirá as notificacións electrónicas correspondentes aos procedementos aos que voluntariamente decida subscribirse.
Este servizo cumpre coas máximas garantías de confidencialidade, autenticidade e privacidade, co fin de asegurar a identidade das persoas participantes e das comunicacións.
Para utilizar este servizo, a persoa interesada deberá dispoñer dun certificado dixital estándar X.509 emitido ao seu nome ou ao da empresa que representa. A lonxitude da clave dese certificado dixital será de 1024/2048 bits para a sinatura con certificados dixitais.