Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

Identificación da Sede

Segundo o artigo 38.6 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, as sedes electrónicas utilizarán, para identificarse e garantir unha comunicación segura con elas, certificados recoñecidos ou cualificados de autenticación de sitio web ou medio equivalente.

A Sede electrónica da Deputación de Pontevedra usa para identificarse e garantir unha comunicación segura un certificado de autenticación de sitio web emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). Visualmente, na barra de navegación móstrase o titular da sede en cor verde.

Con este certificado toda a información intercambiada entre calquera persoa que acceda e a propia Sede electrónica estará cifrada e identificarase o portal https://sede.depo.gal como a Sede electrónica.

O Ministerio da Presidencia ofrece a plataforma Valide, a través da cal poderá verificar a validez do certificado da Sede electrónica de forma directa e gratuíta. Pode acceder ao servizo aquí.

SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra