Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

Sinatura electrónica y certificados

Sistemas de identificación e sinatura admitidos na Sede electrónica:

O artigo 10.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, determina que as persoas interesadas poden asinar a través de calquera medio que permita acreditar a autenticidade da expresión da súa vontade e consentimento, así como a integridade e inalterabilidade do documento.

O artigo 10.2 da mencionada lei indica que se considerarán válidos a efectos de sinatura os seguintes medios electrónicos:

a) Sistemas de sinatura electrónica recoñecida ou cualificada e avanzada baseados en certificados electrónicos recoñecidos expedidos por prestadores incluídos na «Lista de confianza de prestadores de servizos de certificación». Para estes efectos, enténdense comprendidos entre os citados certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados os de persoa xurídica e de entidade sen personalidade xurídica.

b) Sistemas de selo electrónico recoñecido ou cualificado e de selo electrónico avanzado baseados en certificados electrónicos incluídos na «Lista de confianza de prestadores de servizos de certificación».

c) Calquera outro sistema que as administracións públicas consideren válido, nos termos e condicións que se establezan.

Segundo o disposto no artigo 10.3 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as administracións públicas poderán admitir os sistemas de identificación contemplados como sistema de sinatura cando permitan acreditar a autenticidade da expresión da vontade e consentimento das persoas interesadas. Deste xeito, esta Sede habilita o uso de sistemas de sinatura electrónica non baseados en certificados electrónicos que será considerado como válido nas relacións das persoas interesadas na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, de acordo co artigo 10.2.c da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Deste xeito, a Sede da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve incluídos na «Lista de confianza de prestadores de servizos de certificación» (TSL) do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital. Cl@ve contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

No que respecta ás claves concertadas, Cl@ve admite dúas posibilidades de uso:

Cl@ve ocasional (Cl@ve PIN): sistema de contrasinal de validez moi limitada no tempo, orientado a usuarios que acceden esporadicamente aos servizos, que se corresponde co sistema PIN24H da AEAT.

Cl@ve permanente (Cl@ve Persoal): sistema de usuario e contrasinal de validez duradeira no tempo, pero non ilimitada, orientado a usuarios habituais. Trátase do sistema de acceso mediante usuario e contrasinal, reforzado con claves dun só uso por SMS. Este sistema será ademais o que permitirá o acceso ao cidadán á firma na nube.

Para poder utilizar Cl@ve, os cidadáns deberán rexistrarse previamente no sistema, achegando os datos de carácter persoal necesarios.

SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra