SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

Protección de datos

A visita aos portais da Deputación de Pontevedra e a esta sede electrónica efectúase en forma anónima.

Só para poder acceder a algún dos servizos que dispoñan dalgún trámite ou formulario específico, as persoas usuarias deberán achegar os datos persoais necesarios para a prestación do servizo solicitado. 

Os procedementos electrónicos desta sede aplican as disposicións previstas no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE, e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Infórmase, ademais, de que os datos de carácter persoal facilitados para o acceso mediante o sistema de identificación e sinatura electrónicas á sede electrónica non serán obxecto de ningunha actividade de tratamento máis aló da verificación da capacidade para acceder á información solicitada e, por tanto, non se ven afectados polas previsións do artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679.

As persoas usuarias que accedan á parte persoal "Os meus expedientes" quedan informadas da utilización e incorporación dos datos persoais existentes no sistema de identificación e sinatura electrónicos utilizado nun rexistro de actividade cuxa responsable é a Deputación de Pontevedra, non sendo en ningún caso os datos referidos obxecto de tratamento ou de cesión a terceiras persoas se non é co consentimento inequívoco da persoa afectada.

A continuación informámoslle sobre a política de protección de datos da Deputación de Pontevedra.

Responsable do tratamento

Os datos de carácter persoal que se puidesen solicitar directamente das persoas interesada serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento titularidade da Deputación de Pontevedra.

A relación actualizada das actividades de tratamento que a  Deputación de Pontevedra leva a cabo atópase dispoñible no rexistro de actividades da Deputación de Pontevedra.

Finalidade

A finalidade do tratamento dos datos corresponde a cada unha das actividades de tratamento que realiza a Deputación de Pontevedra e que están accesibles no rexistro de actividades de tratamento.

Lexitimación

O tratamento dos seus datos que se realizan nos procedementos administrativos dispoñibles nesta sede electrónica realízase para o cumprimento de misións realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos á Deputación de Pontevedra, así como cando a finalidade do tratamento requira o seu consentimento, que haberá de ser prestado mediante unha clara acción afirmativa.

Conservación de datos

Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitan e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

Comunicación de datos

Con carácter xeral non se comunicarán os datos persoais a terceiros, salvo obrigación legal, entre as que poden estar as comunicacións ao Defensor del Pueblo, Valedor do Pobo, Xuíces e Tribunais, interesados nos procedementos relacionados coa reclamacións presentadas.

Pode consultar os destinatarios para cada unha das actividades de tratamento que leva a cabo a Deputación de Pontevedra no rexistro de actividades da Deputación de Pontevedra.

Dereitos dos interesados

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre os tratamentos que dos seus datos que levan a cabo pola Deputación de Pontevedra.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou revogar o consentimento segundo o previsto en https://www.depo.gal/proteccion-de-datos/exercicio-de-dereitos. Así mesmo, as persoas interesadas tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Para máis información e contacto coa persoa delegada de protección de datos: https://www.depo.gal/proteccion-de-datos