SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

Servizo de cita previa

Deputación de Pontevedra

Ante a situación xerada pola crise do Coronavirus COVID-19, e co obxectivo de seguir cumprindo coas recomendacións das autoridades sanitarias relativas ao mantemento da distancia interpersoal, a hixiene de mans e o resto de medidas de prevención e garantir deste xeito a seguridade da cidadanía e do persoal empregado público, a Deputación de Pontevedra pon a súa disposición un servizo de cita previa para a realización de trámites de forma presencial nalgunha das oficinas de asistencia en materia de rexistros ou nos servizos administrativos da Deputación.

Do mesmo xeito, ponse a disposición o servizo “A Deputación chámate” para atención personalizada de xeito telefónico. Con este servizo unha persoa responsable do trámite obxecto de consulta porase en contacto telefónico previa solicitude da cita telefónica correspondente.

Deste xeito, rógase a todas as persoas que queiran facer algunha xestión presencial ou consulta telefónica personalizada soliciten unha cita previa antes de dirixirse a unha das nosas oficinas, para evitar as aglomeracións e minimizar o risco de contaxio. Recordámoslle tamén que como alternativa á tramitación presencial ou telefónica, pode empregar esta mesma sede electrónica para a realización de todos os trámites de forma telemática.

REXISTRO DA DEPUTACIÓN
Cita previa nas oficinas de rexistro
ORAL
Cita previa nas oficinas de rexistro
OUTROS SERVIZOS DA DEPUTACIÓN
Cita previa nas oficinas de rexistro
RECORDE QUE SEMPRE PODE UTILIZAR O CATÁLOGO DE PROCEDEMENTOS PARA CALQUERA XESTIÓN TELEMÁTICA
CANCELAR UNHA CITA XA CONCERTADA