2406662 Solicitude de autorización de alta, baixa ou modificación de persoas usuarias no aplicativo informático de xestión tributaria - sancións de tráfico
Todas aquelas persoas autorizadas dentro do cadro do persoal da entidade local.
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal/web/
Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).
Normativa
Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común