Todas aquelas entidades locais que desexen solicitar a alta e a baixa ou de estar xa inscritas modificar algún dos datos comunicados. Será preciso recoller quen é a persoa representante e quen será a persoa usuaria integrada no cadro de persoal da entidade que empregará o aplicativo informático.
Documentación requirida
Modelo de solicitude debidamente cumprimentado
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal/web/
Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).
Normativa
Lei 39/2015, do 1 de octubre, do procedemento administrativo común das administracións públicas.