SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2402294 Solicitude de autorización de alta, baixa ou modificación de persoas usuarias no aplicativo de xestión tributaria

Descrición

Procedemento a través do cal se xestiona a alta, baixa ou modificación no aplicativo informático de xestión tributaria e catastral do ORAL de aquelas persoas autorizadas dentro do cadro do persoal da entidade local.

Dentro do emprego desta ferramenta atopamos 4 tipo de perfiles distintos que son os seguintes:

1) Consulta

-  Información da persoa.

     - Expedición de cartas de pago e xustificantes de cobro.

- Información de expedientes.

2) Panel de control

  -  Perfil consulta.

- Seguimento de datos económicos

  3) Policía

-Gravación de multas.

 4) Instrutor

 - Seguimento de expedientes de multas.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra.

Prazos para o seu inicio e finalización: Aberto todo o ano

Todas aquelas entidades locais que desexen solicitar a alta e a baixa ou de estar xa inscritas modificar algún dos datos comunicados. Será preciso recoller quen é a persoa representante e quen será a persoa usuaria integrada no cadro de persoal da entidade que empregará o aplicativo informático.

  • Modelo de solicitude debidamente cumprimentado

As solicitudes presentaranse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica (https://sede.depo.gal).

  • Lei 39/2015, do 1 de octubre, do procedemento administrativo común das administracións públicas.