Poderán solicitar as axudas os concellos e outras entidades da provincia de Pontevedra que delegaron a xestión, inspección e recaudación dos seus recursos de dereito público no ORAL.
Documentación requirida
Solicitude normalizada de anticipos a entidades delegantes aportando o anexo descargable coma documentación adxunta.
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente de forma electrónica debendo utilizar o modelo de solicitude normalizado habilitado ao efecto.
Se algún concello ou entidade presenta a súa solicitude de forma presencial requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na se realice a emenda.
Normativa
Real Decreto Lexislativo 2/2004, que aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais
Lei 58/2003, Xeral Tributaria
Real Decreto 1065/2007, que se aproba o Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicacións dos tributos
Ordenanza Fiscal Xeral do ORAL (BOPPO 30/04/2013)
Orzamento Xeral da Deputación de Pontevedra para o exercizo 2021 (BOPPO 11/01/2021)