SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2329331 Solicitude de subvencións dirixidas aos Concellos para actividades de dinamización da lingua galega

A Deputación concederá subvencións para as actividades encamiñadas á dinamización da lingua galega co fin de potenciar o uso do noso idioma no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia que teñan repercusión social, e para as actividades que organicen os concellos no seu termo municipal dirixidas a promover, fomentar e difundir o emprego da lingua galega.

A Deputación de Pontevedra concederá, en réxime de concorrencia competitiva, axudas económicas dirixidas aos concellos da nosa provincia de menos de 50.000 habitantes para as actividades que fomenten o uso e o prestixio do galego no conxunto da sociedade e que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020 a través das seguintes accións:

a. Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega

— Certames literarios e xornalísticos

— Creación audiovisual e literaria

— Feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega

b. Sociolingüística e toponimia

— Estudos e publicacións sobre sociolingüística

— Xornadas e publicacións de recuperación da toponimia

c. Fomento do emprego do galego no comercio e na industria

— Xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega

d. Recoñecementos e distincións

— Actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizos Lingüísticos

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 28 de outubro de 2020 ata o 27 de novembro de 2020

Poderán solicitar estas subvencións os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.

Cada concello pode presentar unha única solicitude para optar a esta convocatoria, na que se indicará a actividade concreta que se vai realizar.

Os concellos interesados deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

— Memoria explicativa dunha actividade concreta, asinada pola persoa representante. En ningún caso se subvencionarán as actividades que se realicen ao longo de todo o ano senón unicamente unha actividade concreta, da que se terá que indicar o lugar e a data de realización

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Se algún dos concellos presenta a súa solicitude de modo presencial requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considérase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda.

Para a presentación das solicitudes a Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Bases: (ligazón ás bases)

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
  • Ordenanza reguladora de subvencións da Deputación Provincial de Pontevedra