2346744 Solicitude de participación no Concurso Reacción polo Clima
Descrición
Dirixido a
Poderán optar a estes premios as persoas físicas e xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:
Persoas físicas
Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos na data de presentación da solicitude
Estar empadroadas en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra
Persoas xurídicas
Ser entidades sen ánimo de lucro que teñan a súa sede social na provincia de Pontevedra
Ser polo menos o 50 % dos membros da súa xunta directiva persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos
Documentación requirida
As persoas interesadas deberán achegar a solicitude de iniciación dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra. Nesta solicitude as persoas interesadas deberán indicar a URL de acceso de descarga dos contidos do proxecto que opte aos premios.
Como facelo
As persoas interesadas en participar poderán presentar a súa solicitude, preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.
Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Opcionalmente (no caso de persoas físicas), as solicitudes poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra que, unha vez cuberto, xerará a solicitude en formato PDF, que se deberá imprimir e asinar para a súa presentación presencial.
Admitirase só unha solicitude por cada persoa física ou xurídica participante.