Persoas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego e que cumpran as condicións establecidas legalmente para ser beneficiarias dun contrato en prácticas, que son concretamente as seguintes:
a) Estar en posesión de título universitario ou de formación profesional de grado superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, de acordo coas leis reguladoras do sistema educativo vixente, que habiliten para o exercicio profesional.
b) Que no momento da contratación non transcorreran máis de cinco anos, ou de sete cando o contrato se celebre cunha persoa con discapacidade, dende a terminación dos correspondentes estudos.
c) Non ter experiencia laboral previa na titulación obxecto do contrato (nos grupos de cotización 1 ou 2 para titulacións universitarias e grupos 3 ou 5 para ciclos superiores) ou non haber estado dado de alta como persoa autónoma en actividades relacionadas coa titulación, por tempo superior a 6 meses ou 182 días.
d) Non haber estado contratado en prácticas por tempo superior a 6 meses nin estar contratado en prácticas no momento da selección, nalgún dos programas de “O Teu Primeiro Emprego”
As persoas solicitantes deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
A documentación complementaria deberá presentarse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que acheguen. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a mostra do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
As persoas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego recibirán da Deputación Provincial de Pontevedra un código de inscrición, a través dunha mensaxe SMS, que permitirá a formalización da candidatura e acreditación dos méritos que se realizará a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal.
Para formalizar a candidatura e a acreditación dos méritos achegados as persoas interesadas deberán presentar, preferentemente por medios electrónicos, a instancia xerada a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal ou opcionalmente, de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Cada mérito alegado deberá ter incorporado o seu documento acreditativo e dixitalizado. Os documentos achegados deberán ter o formato PDF e o tamaño máximo permitido por ficheiro será de 3 MB.
Unha vez subida toda a documentación o sistema xerará unha instancia na que se incluirá a enumeración e a denominación dos documentos adxuntos ao formulario de presentación, seguido da pegada dixital (hash) de cada un deles.
Bases: (ligazón as báses)
Outra normativa de referencia:
Cohesión Social e Xuventude
Promoción do Emprego e D. Local
Centro Príncipe Felipe
Comunicación Institucional
Estación Fitopatolóxica Areeiro
Finca Mouriscade
Medio Ambiente
Museo de Pontevedra
ORAL
Servizos Ligüísticos e ORAL
Cooperación e ORAL
Turismo Rías Baixas
Patrimonio Docum. e Bibliográfico
Cooperación cos municipios
Intervención
Comunicación Institucional
Servizos Ligüísticos
Finca Mouriscade
Museo de Pontevedra
Resolucións Presidenciais de aprobación das listas definitivas e puntuacións das persoas participantes no proceso de selección:
Acceso libreEsta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración.