SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2326644 Programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra "O teu primeiro emprego" na Deputación provincial

Plan de fomento da empregabilidade que ten por obxecto facilitar que as persoas tituladas universitarias e de ciclos superiores de formación profesional poidan acceder dentro da provincia a un primeiro emprego adecuado ao nivel de estudos cursados, adquirir experiencia profesional e facilitar a súa futura inserción no mercado de traballo. A experiencia laboral adquirirase mediante a formalización de contratos laborais en prácticas, proporcionando os medios e recursos necesarios para que poidan participar directamente nas actividades e no traballo que se desenvolve nos “centros destino” como traballadoras ou traballadores garantindo os seus dereitos laborais.

O plan estrutúrase en catro programas independentes:

  • O teu primeiro emprego na Deputación de Pontevedra
  • O teu primeiro emprego nos concellos
  • O teu primeiro emprego nas empresas e corporacións sectoriais
  • O teu primeiro emprego en organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra

É obxeto do presente procedemento o primeiro dos programas expostos, polo que as persoas tituladas que resulten seleccionadas terán coma “centro destino” a propia Deputación. A selección correspondente efectuarase de acordo coas bases reguladores do programa.

Prazo de resolución: 1 mes desde a finalización do prazo fixado para a formalización da candidatura e acreditación dos méritos

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Recursos Humanos e Formación

Prazos para o seu inicio e finalización: O prazo será de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte á recepción do SMS co código único identificativo, que lle permitirá á persoa preseleccionada acceder á sede electrónica da Deputación de Pontevedra e formalizar a súa inscrición.

Persoas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego e que cumpran as condicións establecidas legalmente para ser beneficiarias dun contrato en prácticas, que son concretamente as seguintes:

a) Estar en posesión de título universitario ou de formación profesional de grado superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, de acordo coas leis reguladoras do sistema educativo vixente, que habiliten para o exercicio profesional.

b) Que no momento da contratación non transcorreran máis de cinco anos, ou de sete cando o contrato se celebre cunha persoa con discapacidade, dende a terminación dos correspondentes estudos.

c)  Non ter experiencia laboral previa na titulación obxecto do contrato (nos grupos de cotización 1 ou 2 para titulacións universitarias e grupos 3 ou 5 para ciclos superiores) ou non haber estado dado de alta como persoa autónoma en actividades relacionadas coa titulación, por tempo superior a 6 meses ou 182 días.

d) Non haber estado contratado en prácticas por tempo superior a 6 meses nin estar contratado en prácticas no momento da selección, nalgún dos programas de “O Teu Primeiro Emprego”

As persoas solicitantes deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

  • Copia do expediente académico da titulación obxecto da selección.
  • Copia dos títulos non oficiais de máster universitario ou títulos propios da universidade de máster relacionados co contido da selección.
  • Copia dos cursos de especialización, formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, da comunidade autónoma ou da Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados co contido da selección.
  • Copia do título do Celga co obxectivo de acreditar a competencia da persoa candidata en lingua galega

A documentación complementaria deberá presentarse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que acheguen. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a mostra do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

As persoas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego recibirán da Deputación Provincial de Pontevedra un código de inscrición, a través dunha mensaxe SMS, que permitirá a formalización da candidatura e acreditación dos méritos que se realizará a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal.

Para formalizar a candidatura e a acreditación dos méritos achegados as persoas interesadas deberán presentar, preferentemente por medios electrónicos, a instancia xerada a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal ou opcionalmente, de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Cada mérito alegado deberá ter incorporado o seu documento acreditativo e dixitalizado. Os documentos achegados deberán ter o formato PDF e o tamaño máximo permitido por ficheiro será de 3 MB.

Unha vez subida toda a documentación o sistema xerará unha instancia na que se incluirá a enumeración e a denominación dos documentos adxuntos ao formulario de presentación, seguido da pegada dixital (hash) de cada un deles.

Bases: (ligazón as báses)

Outra normativa de referencia:

  • Resolución Presidencial de selección de centros e determinación de postos de traballo a desempeñar baixo a modalidade de contrato en prácticas, expediente 2020025250
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.