SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2327578 Programa de apoio ao emprendemento no rural. Viveiro de empresas de Lalín

Convocatoria do primeiro programa de apoio ao emprendemento no rural -Viveiro de Empresas de Lalín- que consta de asesoramento, formación e mentorización dirixido a persoas emprendedoras, profesionais ou empresas cuxos proxectos empresariais estean situados no rural, o poñan en valor ou contribúan ao seu desenvolvemento sostible.

Prazo de resolución: A resolución da convocatoria terá lugar dentro dos sete días seguintes ao de finalización do prazo de presentación das propostas.

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cooperación

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 1 de setembro de 2020 ata o 21 de setembro de 2020.

Poderán optar a este programa formativo as persoas físicas ou xurídicas encadradas nun dos seguintes puntos:

a) Promotoras e promotores de novas iniciativas empresariais (profesionais ou empresas) de nova creación ou en fase de lanzamento, sucesión e recuperación de empresas en situación de peche por xubilación.

b) Profesionais e empresas que, estando en funcionamento, queiran poñer en marcha novas liñas de negocio ou precisen consolidar ou redeseñar os seus proxectos empresariais.

A presentación de solicitudes realizarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores, segundo o previsto no artigo 14.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP). Se algunha destas persoas interesadas presenta a súa solicitude de forma presencial, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realice a emenda.

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de métodos de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Aquelas persoas interesadas que non estean obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

Bases: (enlace ás bases)

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Ordenanza xeral de subvencións da Deputación.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.