SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2326284 Servizo de cita previa para xestións nos Servizos administrativos

Ante a situación xerada pola evolución do Coronavirus COVID-19, e para garantir a seguridade da cidadanía e do persoal empregado público, a Deputación de Pontevedra pon a súa disposición un servizo de solicitude de cita previa para ser atendido de forma presencial nas súas dependencias e realizar os trámites administrativos pertinentes cos servizos de Deportes, Novas Tecnoloxías, Recursos Humanos e Formación, Igualdade e Servizo de Asistencia Intermunicipal (SAIM).

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Secretaria Xeral da Deputación de Pontevedra

Prazos para o seu inicio e finalización: Aberto durante todo o ano

Todas as persoas, tanto físicas como xurídicas que desexen relacionarse coa Deputación na realización das súas actuacións administrativas de xeito presencial.

Modelo de solicitude debidamente cuberto

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, (https://sede.depo.gal).

Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado, dispoñible na parte pública da sede electrónica (https://sede.depo.gal).

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.