No caso de clubs federados que soliciten campos e horarios para partidos de competición:
Copia do seu calendario de competición oficial ao responsable da instalación.
En caso de organización de actividades ou eventos:
Memoria resumo da actividade ou evento a desenvolver.
Como facelo
As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, (https://sede.depo.gal)
Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado, dispoñible na parte pública da sede electrónica (https://sede.depo.gal).
Unha vez autorizada a solicitude, para a entrada ás instalacións os usuarios deberán proverse do correspondente recibo de pago.