SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2322783 Solicitude de uso das instalacións deportivas

Regular a xestión e a utilización das instalacións deportivas que a Deputación de Pontevedra ten no centro Príncipe Felipe, o que fará compatible as actividades propias do centro coas das entidades deportivas, federacións e colectivos particulares para entrenamentos e competicións.

A finalidade é xestionar estas instalacións, garantir o seu correcto funcionamento e ofrecer servizos e actividades que contribúan a consolidar a calidade de vida e o benestar social dos cidadáns, potenciando o desenvolvemento sostible e o equilibrio social e facendo que a práctica deportiva sexa unha das marcas de identidade da Deputación de Pontevedra. Están obrigados ao pago os que utilicen ou se beneficien dos servizos que estén suxeitos a este prezo público.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Deportes

Prazos para o seu inicio e finalización: Aberto durante todo o ano.

Para os clubs federados as solicitudes deberán presentarse entre o 1 e o 30 de xuño de

cada ano.

Colectivos e grupos organizados clasificados en:

a)    Clubs

b)    Asociacións deportivas

c)    Grupos non federados

d)    Empresas

No caso de clubs federados que soliciten campos e horarios para partidos de competición:

  • Copia do seu calendario de competición oficial ao responsable da instalación.

En caso de organización de actividades ou eventos:

  • Memoria resumo da actividade ou evento a desenvolver.

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, (https://sede.depo.gal)

Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado, dispoñible na parte pública da sede electrónica (https://sede.depo.gal).

Unha vez autorizada a solicitude, para a entrada ás instalacións os usuarios deberán proverse do correspondente recibo de pago.

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan nas instalacións deportiva do Centro Príncipe Felipe
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local