Concellos da provincia de Pontevedra que desexen adherirse a dita rede de colaboración.
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, (https://sede.depo.gal).
Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).
Normativa
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local