SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2310933 Axudas extraordinarias dirixidas aos concellos de menos de 50.000 habitantes para a prestación de actividades de apoio ás familias para facerlle fronte ao impacto da COVID-19 durante o ano 2020, desde a estratexia local para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

Procedemento de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, polo que se conceden axudas dirixidas aos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra para a realización de actividades de apoio ás familias para paliar as consecuencias da COVID-19 durante o ano 2020, desde a estratexia local para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Poderán ser obxecto de financiamento as seguintes actividades:

  • Desenvolvemento de proxectos para favorecer a corresponsabilidade e a conciliación persoal, familiar e laboral que faciliten o coidado de menores de 14 anos durante o peche de centros escolares ou mentres se manteñan as restricións de asistencia do alumnado debido ás medidas de protección sanitaria.
  • Realización de actuacións para o coidado de persoas maiores e/ou dependentes e para a atención de colectivos especialmente vulnerables
  • Organización de actividades de apoio ás persoas coidadoras.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Igualdade

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 25 de xuño ata o 15 de xullo de 2020

Poderán solicitar estas axudas os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que poñan en marcha programas que favorezan a corresponsabilidade e a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, ao tempo que promovan accións de sensibilización para a repartición equitativa dos espazos e dos tempos entre mulleres e homes, ademais de outorgarlles unha maior protección ás familias monoparentais e ás que se atopen en situación de especial vulnerabilidade.

Os programas desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2020.

As solicitudes presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal para cada unha das liñas dispoñibles.

Se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda. En todo caso, se tal emenda se realizase fóra do prazo de presentación de solicitudes esta deberá limitarse á presentación electrónica do que xa se entregou presencialmente, sen que poidan engadirse outros datos ou documentos ou rectificar os xa achegados.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistema de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Ordenanza xeral de subvencións da Deputación.
  • Lei 38/2003, xeral de subvencións.
  • Real decreto 887/2006, polo que se aproba o Regulamento da lei xeral de subvencións.