SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2309422 Convocatoria de selección das persoas participantes e das axudas económicas por asistencia á formación do proxecto “TI© emprendes” cofinanciado polo fondo social europeo

A Deputación de Pontevedra, a través do proxecto “TI© EMPRENDES”, promove o desenvolvemento de 26 accións formativas (11 itinerarios que contemplan formación específica e de emprendemento), con 15 persoas participantes en cada unha delas, co obxectivo de incentivar e promover os proxectos que aumenten a empregabilidade e o emprendemento das persoas mozas que habiten ou vaian habitar en municipios que non formen parte dunha grande área urbana –das delimitadas no Atlas Estatístico das Áreas Urbanas de España do Ministerio de Fomento–, e que teñan unha poboación inferior ou igual a 5.000 habitantes, ou unha poboación comprendida entre os 5.001 e os 10.000 habitantes sempre que estes últimos presenten un saldo demográfico negativo na última década.

Deste xeito, o presente procedemento ten como obxectivo a selección das persoas destinatarias das accións formativas do proxecto “TI© EMPRENDES” e convocatoria pública en réxime de concorrencia non competitiva das axudas económicas por asistencia á formación para as persoas beneficiarias de este proxecto.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cooperación

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 18 de xuño de 2020 ata quince (15) días hábiles antes do comezo de cada acción formativa.

A data de inicio de cada acción formativa publicarase en (https://www.depo.gal/es/tic-emprendes) e na Sede electrónica (https://sede.depo.gal).

Mozas e mozos maiores de 16 anos e menores de 30 anos, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, independentemente do seu nivel formativo, e que estean rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo.

As persoas destinatarias deben estar empadroadas en concellos cunha poboación inferior ou igual a 5.000 habitantes, ou cunha poboación comprendida entre os 5.001 e os 10.000 habitantes sempre que estes últimos presenten un saldo demográfico negativo na última década. No caso da provincia de Pontevedra os concellos que cumpren esta condición son os seguintes: A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Portas, Pontecesures, Catoira, Cuntis, Valga, Forcarei, Silleda, Agolada, Dozón, Rodeiro, Vila de Cruces, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, As Neves, Arbo, A Cañiza, Crecente, Oia e O Rosal.

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

  • Acreditación da inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX).

As solicitudes deberán presentarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

As solicitudes de axudas económicas por asistencia á formación deberán presentarse conxuntamente coa solicitude de participación nas accións formativas, preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes, a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado, dispoñible na parte pública da sede electrónica https://sede.depo.gal.

Outra normativa de referencia:

  • Real decreto 1234/2018, do 5 de outubro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa de subvencións a entidades locais para o financiamento de proxectos de emprego, autoemprego e emprendemento colectivo dirixidos a afrontar o reto demográfico nos municipios de menor poboación, no marco do “Programa operativo de emprego xuvenil” do Fondo Social Europeo.
  • Ordenanza xeral de subvencións da Deputación.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Lei 38/2003, xeral de subvencións.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.