Mozas e mozos maiores de 16 anos e menores de 30 anos, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, independentemente do seu nivel formativo, e que estean rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo.
As persoas destinatarias deben estar empadroadas en concellos cunha poboación inferior ou igual a 5.000 habitantes, ou cunha poboación comprendida entre os 5.001 e os 10.000 habitantes sempre que estes últimos presenten un saldo demográfico negativo na última década. No caso da provincia de Pontevedra os concellos que cumpren esta condición son os seguintes: A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Portas, Pontecesures, Catoira, Cuntis, Valga, Forcarei, Silleda, Agolada, Dozón, Rodeiro, Vila de Cruces, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, As Neves, Arbo, A Cañiza, Crecente, Oia e O Rosal.
As solicitudes deberán presentarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.
As solicitudes de axudas económicas por asistencia á formación deberán presentarse conxuntamente coa solicitude de participación nas accións formativas, preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal.
Para a presentación das solicitudes, a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado, dispoñible na parte pública da sede electrónica https://sede.depo.gal.