SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2300490 Plan personalizado de pagamentos COVID-19

Solicitude para acollerse ao plan personalizado de pago especial do IBI, IAE e IVTM para paliar os efectos do COVID 19.

Prazo de resolución: 6 meses.

Efectos do silencio administrativo: negativo.

Unidade administrativa responsable: Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra.

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 30 de abril de 2020 ata o 15 de xuño de 2020.

Persoas físicas e xurídicas que son consideradas suxeitos pasivos do imposto coma contribuínte ou sustituto do contribuínte.

Representación

  1. Persoas físicas
    • Autorización xeral
    • NIF autorizante
  2. Persoas xurídicas
    • Presentación electrónica

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina Virtual Tributaria da Deputación de Pontevedra, http://ovt.depo.gal.

Opcionalmente, as solicitudes tamén poderán presentaranse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica (https://sede.depo.gal).

  • Ordenanza Fiscal Xeral do ORAL (BOPPO 30/04/2013).
  • RDLex. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.
  • L. 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
  • RD 939/2005 polo de 29 de julio, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.