SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2300109 Solicitude de aprazamento ou fraccionamento de débedas

Solicitude de aprazamento ou fraccionamento de débedas do Imposto sobre Bens Inmobles, o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica ou o Imposto sobre Actividades Económicas.

Prazo de resolución: 6 meses.

Efectos do silencio administrativo: negativo.

Unidade administrativa responsable: Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra.

Prazos para o seu inicio e finalización: aberto todo o ano.

Fraccionamentos

  • Débedas de principal menor ou igual a 600 euros, fraccionaranse por un período de 6 meses.
  • Débedas de principal maior de 600 euros e menor ou igual a 2.400 euros, 10 meses.
  • Débedas de principal maior de 2.400 e inferior ou igual a 6.000 euros, 15 meses.
  • Débedas de principal maior de 6.000 euros e menor ou igual a 18.000 euros, 18 meses.
  • Débedas de principal maior de 18.000 euros e menor ou igual a 36.000 euros, 20 meses.
  • Débedas de principal maior de 36.000 euros e menor ou igual a 60.000 euros, 24 meses.
  • Débedas de principal maior de 60.000 euros, 36 meses.

Aprazamentos

  • Débedas de principal menor ou igual a 6.000 euros, aprazaranse por un período de 4 meses.
  • Débedas de principal maior de 6.000 euros e menor ou igual a 12.000 euros, 8 meses.
  • Débedas de principal maior de 12.000, 12 meses.

Ás persoas físicas ou xurídicas, ou as entidades á que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que teñan débedas tributarias que se atopen en período voluntario ou executivo, puidendo aprazar ou fraccionar estas nos termos que se fixen regulamentariamente e previa solicitude do obrigado tributario, cando a súa situación económico-financeira impídalle, de forma transitoria, efectuar o pago nos prazos establecidos.

Xeral

  • Solicitude asinada
  • NIF titular recibos
  • Certificado de conta IBAN

Representación (solicitante distinto titular recibos)

  1. Persoas físicas
    • Autorización xeral
    • NIF autorizante
  2. Persoas físicas falecidas. Presentación por sucesor
    • Certificado de defunción
    • Certificado de derradeiras vontades
    • Testamento/Declaración de herdeiros/libro de familia
  3. Persoas xurídicas
    • Presentación electrónica

Autorización cargo en conta (titular da conta distinto de titular recibos e do solicitante)

  • Autorización titular conta bancaria
  • NIF titular conta bancaria

Garantía

  • En fraccionamentos con importe superior a 30000€

Outra documentación (condicións especiais de fraccionamento nº prazos, importe)

  • Informe socioeconómico subscrito polos servizos de asistencia social

As solicitudes presentaranse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica, (https://sede.depo.gal).

  • Art. 65 L. 58/2003, Xeral Tributaria
  • Arts. 44-54 RD 939/2005 – RD 939/2005 RGR
  • Arts. 89-93 Ordenanza Fiscal Xeral do ORAL (BOPPO 30/04/2013)