SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2300111 Declaración do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana

Declaración do imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana. É un tributo directo que grava o incremento de valor que experimenten devanditos terreos e ponse de manifesto coma consecuencia da transmisión da propiedade dos terreos por calquera título ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce, limitativo do dominio, sobre os referidos terreos.

Prazo de resolución: 6 meses.

Efectos do silencio administrativo: negativo.

Unidade administrativa responsable: Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra.

Prazos para o seu inicio e finalización: o prazo para presentar as solicitudes será de 30 días hábiles para actos intervivos e de 6 meses prorrogables a 1 ano mediante solicitude para actos mortis causa.

Persoas físicas ou xurídicas, ou a entidade á que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que adquira o terreo ou a cuxo favor se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.

Xeral

  • NIF da persoa ou entidade declarante
  • Copia dos títulos de adquisición dos inmobles afectados polo acto a declarar (escritura de compravenda, doazón ou herdanza, pola que a persoa adquirise o seu dereito)
  • Outra documentación conforme a ordenanza fiscal do Concello delegante

Declaración por actos mortis causa

  • Certificado de defunción
  • Copia da certificación de derradeiras vontades
  • Copia do derradeiro testamento ou, no seu defecto, declaración de herdeiros
  • Copia da aceptación e adxudicación da herdanza ou, no seu defecto, do inventario liquidado de bens inmobles propiedade da persoa causante ou da autoliquidación do Imposto sobre Sucesións e Doazóns (mod. 650)

Declaración por actos inter vivos

  • Copia simple da escritura pública formalizada ante notario que conteña o acto a declarar, ou, no seu defecto a documentación acreditativa da operación xurídica realizada debidamente liquidada

Representación

  1. Persoas físicas
    • Autorización xeral
    • NIF autorizante
  2. Persoas físicas falecidas. Presentación por sucesor
    • Certificado de defunción
    • Certificado de derradeiras vontades
    • Testamento/Declaración de herdeiros
  3. Persoas xurídicas
    • Presentación electrónica

As solicitudes presentaranse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica (https://sede.depo.gal).

  • Arts. 104 a 110 do RDLex. 2/2004, que aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais
  • Lei 58/2003, Xeral Tributaria
  • RD 1065/2007, polo que se aproba o Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicacións dos tributos
  • Ordenanza Fiscal Xeral do ORAL (BOPPO 30/04/2013)
  • Ordenanza fiscal reguladora do imposto do Concello delegante