SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Notificación
COVID-19: Suspensión e interrupción dos prazos administrativos
O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, trae como consecuencia a suspensión e interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do Sector Público, e, por conseguinte, na Deputación de Pontevedra.
A suspensión dos prazos para realizar trámites de procedementos administrativos prorrogarase ata a data en que perda vixencia o estado de alarma.
O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, suspende e interrompe os prazos para a tramitación dos procedementos da Deputación de Pontevedra.

2279455 Solicitude de financiamento extraordinario, con ocasión da declaración do estado de alarma, para a prestación de servizos básicos de emerxencia para os concellos de menos de 20.000 habitantes

Segundo o establecido no artigo 31 do Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, as deputacións proporcionaranlles asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos con menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios municipais.

O apartado cuarto da disposición adicional 3.ª do Real decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, modificado polo Real decreto 465/2020, de 17 de marzo, contempla a posibilidade de acordar motivadamente a continuación daqueles procedementos administrativos referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma e os indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

Dentro deste suposto encontramos ámbitos coma o reforzo de contratacións de bens e servizos, as axudas de emerxencia social ou o reforzo de recursos humanos dalgúns perfís profesionais determinados. Deste xeito, permitiranse a continuación e a incoación de procedementos administrativos que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

En consecuencia, estas axudas xorden co obxectivo de lles proporcionar aos concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico para poderen atender as demandas de necesidade urxente e puntual das e dos veciños que se atopen en situación de risco de exclusión social, con especial atención ás persoas con menores ao seu cargo ou en situación de especial vulnerabilidade. Ademais, pretenden darlles resposta a situacións de grave emerxencia, tras a declaración do estado de alarma ante a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, ao tratarse de situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos deste estado, indispensables para a protección do interese xeral e para garantir o funcionamento básico dos servizos.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cohesión Social e Xuventude

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 25 de marzo de 2020 ata o 16 de abril de 2020.

Concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra a través dos seus servizos sociais comunitarios.

Os concellos interesados deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

  • Certificación á que fai referencia a base cuarta das bases reguladoras, que acredite o cumprimento dos requisitos establecidos na Lei orgánica 2/2012 de 27 de abril, Anexo II.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que prevé a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia:

  • Real decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local