Grupos inscritos no Catálogo de Grupos Pontegal que acrediten a realización dunha actuación financiada con cargo ao Programa Pontegal.
Documentación requirida
Os grupos interesados deberán achegar o certificado acreditativo da realización da actuación asinado pola entidade peticionaria.
Como facelo
A facturación das actuacións financiada con cargo ao Programa Pontegal realízase a través do formulario normalizado “1986497/B Facturación de actuacións financiadas con cargo ao Programa Pontegal”, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
Para formalizar a facturación os grupos deberán indicar o código de autorización que se recolle na notificación da autorización de actuación e presentar, preferentemente por medios electrónicos, a factura xerada a través do modelo normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), ou opcionalmente, de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).