SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2277260 Subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para participar en festivais, certames e concursos de música e baile no ámbito internacional

Procedemento de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para promover, fomentar e difundir a música tradicional galega nas súas variadas e múltiples vertentes e estilos ás entidades sen fins de lucro da provincia de Pontevedra que vaian participar en festivais, certames e concursos de ámbito internacional que se desenvolvan fóra do territorio nacional no presente ano e que teñan relevancia para os intereses provinciais.

Poderán ser obxecto de financiamento as seguintes actividades:

  • Festivais musicais
  • Encontros de carácter internacional
  • Certames e concursos internacionais
  • Intercambios culturais para potenciar o patrimonio musical ou cultural

Quedan excluídos desta convocatoria e, polo tanto, non serán obxecto de subvención, os seguintes conceptos:

  • As actividades subvencionadas no mesmo exercicio a través doutras convocatorias de subvencións ou plans provinciais da Deputación
  • Os gastos de funcionamento das entidades, os gastos correntes, os gastos bancarios, os gastos de persoal da propia entidade e as actividades xerais que se realizan ao longo de todo o ano
  • As viaxes de lecer e as excursións

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cultura

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 10 de marzo de 2020 ata o 3 de xullo de 2020.

Poderán solicitar estas subvencións as entidades xurídicas sen fins de lucro que establezan entre os seus fins e obxectivos a práctica e o fomento da cultura tradicional galega nas súas vertentes de baile e música, e que reúnan os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro (feito que se debe acreditar cunha declaración responsable da persoa representante)
  • Ter o domicilio fiscal na provincia de Pontevedra
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas
  • Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación

Cada entidade pode presentar unha única solicitude para optar a esta convocatoria, na que se indicará a actividade concreta que se vai realizar.

As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Memoria explicativa do evento no que participarán, asinada pola persoa representante
  • Carta de invitación ou documentación fidedigna e acreditativa para a participación da agrupación no evento internacional
  • Orzamento pormenorizado e totalizado (incluíndo as cantidades, os prezos unitarios e o IVE detallado) da actividade concreta que se vai realizar, asinado pola persoa representante

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei do procedemento administrativo común das administración públicas (LPACAP).

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local