SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1814222 Solicitude de información/documentación ao Arquivo, Biblioteca, Hemeroteca, Audiovisuais e Cartoteca, integrados no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico insírese no organigrama da Deputación Provincial de Pontevedra como natural desenvolvemento do Arquivo-Biblioteca, consecuencia da evolución e ampliación das funcións e actividades que, de forma específica, se levan a cabo nos campos documental e bibliográfico co fin de dar acceso á información e á cultura.

O Arquivo da Deputación ten como función básica a de recoller, organizar e servir a documentación producida polos propios organismos da Deputación e aqueles outros fondos recibidos por vías e causas diversas (compras, doazóns...). Ademais, desenvolve tarefas de información e asistencia técnica permanente en todo o que atinxe ó patrimonio documental existente na provincia.

O patrimonio bibliográfico propio xurde a partir dunha política de adquisicións, doazóns e intercambio bibliográfico de monografías referidas principalmente á provincia de Pontevedra e a Galicia. Conta ademais entre as súas funcións a da salvagarda e divulgación do patrimonio cultural inmaterial deste territorio. Organízase nas seccións de monografías de Galicia, hemeroteca, cartoteca, fondos sonoros e musicais, fondo gráfico e fondo audiovisual.

O acceso a estes documentos e á súa información é a tarefa principal deste Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, de acordo coas normativas legais aplicables.

Deste xeito, o obxecto deste procedemento é facilitar un acceso normalizado ás solicitude de información, nas súas diferentes formulacións, ou as peticións de documentación dirixidas  ao Arquivo, Biblioteca, Hemeroteca, Sección Audiovisuais ou Cartoteca Provincial, integradas todas elas no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.

Prazos para o seu inicio e finalización: Aberto todo o ano.

Cidadanía, administracións públicas, entidades e organismos en xeral

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Modelo de solicitude debidamente cuberto e asinado

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal, que unha vez cuberto xerará a solicitude en PDF que deberá ser gardada para a súa presentación electrónica na sede electrónica.

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, que unha vez cuberto xerará a solicitude en PDF que deberá ser impresa e asinada para a súa presentación presencial.

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
  • Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local