SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2276846 Axudas económicas por asistencia á formación do proxecto “Labora 2020” cofinanciado polo fondo social europeo

Convocatoria pública en réxime de concorrencia non competitiva de axudas económicas por asistencia á formación para as persoas beneficiarias do proxecto “Labora 2020”.

A axuda económica ten como obxectivo contribuír a sufragar, ás persoas formadas nos itinerarios, os gastos de asistencia á formación, transporte, manutención, aloxamento e conciliación co coidado de familiares.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 6 de marzo de 2020 ata quince días hábiles despois da incorporación da persoa participante á acción formativa.

Ás persoas formadas participantes nos itinerarios formativos do proxecto “Labora 2020” cofinanciado polo FSE nun 80%, que cumpran os límites de rendas ou ingresos individuais de calquera natureza iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75 % do Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM).

As persoas formadas terán dereito a solicitar a axuda económica por asistencia á formación. Para os efectos desta axuda, entenderase por persoa formada aquela que completara a formación, admitindo ausencias xustificadas de ata o 10 % das horas totais de duración da edición. A formación acreditarase co certificado de asistencia, diploma ou módulos impartidos.

As persoas formadas terán dereito a percibir unha axuda económica cando ao inicio da formación:

  • Carezan de rendas ou ingresos de calquera natureza iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75 % do Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM). A estes efectos se terán en conta os ingresos que perciban por prestacións sociais públicas ou de asistencia social

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal, que unha vez cuberto xerará a solicitude en PDF que deberá ser gardada para a súa presentación electrónica na sede electrónica.

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, que unha vez cuberto xerará a solicitude en PDF que deberá ser impresa e asinada para a súa presentación presencial.

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local