As persoas que segundo o recollido na convocatoria reúnan os requisitos para acceder á fase de concurso recibirán un código de inscrición, a través dunha mensaxe SMS, que permitirá a presentación da documentación relativa á fase de méritos a través do presente procedemento.
Documentación requirida
Durante o prazo de presentación non se pode aportar documentación complementaria á solicitude inicialmente rexistrada a través de instancia xenérica. Deberá realizarse unha nova solicitude de méritos onde consten todos os que a persoa aspirante desexe aportar. No caso de rexistrar varias solicitudes, terase en conta sempre a última, salvo indicación da persoa interesada noutro senso.
Como facelo
A presentación da documentación acreditativa dos méritos realízase a través do formulario normalizado “217424B Documentación acreditativa de méritos da fase de concurso nos procedementos de selección para o acceso ao emprego público”, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
Para formalizar a acreditación dos méritos achegados as persoas interesadas deberán presentar, preferentemente por medios electrónicos, a instancia xerada a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), ou opcionalmente, de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común
Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).
Normativa
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia
Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime locais
V Acordo regulador para persoal funcionario da Deputación de Pontevedra
I Convenio colectivo para persoal laboral da Deputación de Pontevedra