SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Notificación
COVID-19: Suspensión e interrupción dos prazos administrativos
O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, trae como consecuencia a suspensión e interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do Sector Público, e, por conseguinte, na Deputación de Pontevedra.
A suspensión dos prazos para realizar trámites de procedementos administrativos prorrogarase ata a data en que perda vixencia o estado de alarma.
O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, suspende e interrompe os prazos para a tramitación dos procedementos da Deputación de Pontevedra.

2263234 Solicitude de actividades do Servizo de Igualdade

COVID-19: Suspensión e interrupción dos prazos administrativos

Como consecuencia da entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o vencimiento do prazo de presentación de solicitudes interrómpese até a data en que a que perda vixencia o real decreto. O devandito prazo reanudará, non reiniciará, unha vez se levánte a suspensión polos días nos que este estivera suspendido.

Mentres tanto poderá presentar a súa solicitude de xeito electrónico a través desta sede.

O Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra, pon a disposición dos centros educativos, entidades locais e asociacións da provincia actividades para o fomento da igualdade efectiva entre mulleres e homes e a prevención e detección de violencias machistas.

A organización destas actividades mostra o compromiso desta institución en políticas de igualdade.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Igualdade

Prazos para o seu inicio e finalización: Aberto todo o ano

Centros educativos, entidades locais e asociacións da provincia

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Para a presentación de solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistema de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local