SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1814221 Solicitude de asistencia técnica en materia de patrimonio documental

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, ven desenvolvendo de xeito continuado dende 1981 procesos de asistencia técnica en materia de patrimonio documental a concellos, entidades locais menores e institucións ou organismos públicos da provincia, desenvolvendo deste xeito unha función atribuída de xeito específico na lexislación vixente.

Os obxectivos xenéricos desta asistencia en materia de patrimonio documental son:

  • contribuir á mellora dos procesos técnicos necearios e, polo tanto, clasificar, ordenar e inventariar cun criterio unificado, dentro do posible, tódolos arquivos da provincia
  • procurar a sús axeitada conservación, evitando a destrución documental e fomentando a dotación de locais con equipamentos suficientes
  • centralizar a información resultante, procurando a súadifusión, coñecemento e posta en valor do patrimonio documental provincia

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico

Prazos para o seu inicio e finalización: Aberto todo o ano.

Entidades locais da provincia de Pontevedra, así como outras entidades e organismos públicos da provincia de Pontevedra

As entidades interesadas achegarán coa solicitude a seguinte documentación:

  • Modelo de solicitude debidamente cuberto e asinado

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

  • Artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Artigo 30 do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local
  • Artigos 109, 113, 114 e 115 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia
  • Artigo 45 da Lei 7/2014, de 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia