SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Notificación

Amplíanse os prazos de presentación de solicitudes dos procedementos de "O teu primeiro emprego" tanto en ONGs como en corporacións sectoriais ata o 15 de Abril do 2021 por unha incidencia no servizo de cl@ve.

2249895 Plan Concellos 2021 - Solicitude de subvención liña 1 - Investimentos

Procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan de carácter anual. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases do plan e terán que ser de competencia municipal. A tal efecto, non se admitiran solicitudes de subvencións para finalidades que, no marco da actual distribución de competencias, sexan atribución doutras administracións publicas ou que non estean delegadas no Concello.

Os concellos poderán libremente determinar a elección dos investimentos e actuacións subvencionables que desexen realizar pero se algún proxecto ou proposta de actuación non se axustase ao seu obxecto, a Deputación poderá rexeitar este proxecto. Nese caso, o Concello poderá presentar unha nova proposta.

O Concello poderá destinar a cantidade asignada ao abeiro do presente plan ao financiamento das achegas municipais para investimentos doutros plans, programas ou convenios desta Deputación ou doutras Administracións Públicas cando se trate de obras ou subministracións de competencia municipal.

A través deste procedemento as axudas e subvencións deste Plan poderán destinarse á Liña 1 investimentos en obras, subministracións, adquisición de bens inmobles e propiedade inmaterial para actividades e servizos que sexan de competencia municipal de acordo co establecido nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladoras de las bases de réxime local.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cooperación

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 5 de xaneiro de 2021 ata ao 6 de abril de 2021.

Poderán solicitar as axudas reguladas nestas bases os concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de dereito de ata 50.000 habitantes, segundo os datos expedidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE) referidos ao censo do exercicio 2019. Non poderán obter a condición de beneficiarios aqueles concellos nos que concorra algunha das circunstancias ou prohibicións ás que fai referencia a lexislación vixente en materia de subvencións.

O concello interesado, ademais do formulario de solicitude, presentará a seguinte documentación correspondente coa liña 1:

— Certificado expedido pola persoa funcionaria pública competente de acordo co anexo I, no que se faga constar:

• O acordo do órgano competente do Concello da aprobación da solicitude de subvención coa indicación do seu importe

— Proxecto, documento técnico ou análogo ou memoria valorada no caso das subministracións.

— Informe da persoa redactora do proxecto, avalado pola técnica ou técnico do Concello cando a redacción sexa externa, no que se deberá indicar expresamente se a execución do proxecto precisa (ou non) de autorizacións sectoriais. No caso de ser precisas, o seu detalle

— De ser o caso, as autorizacións sectoriais precisas para a normal execución do investimento ou documentación que acredite que as solicitou ante os organismos correspondentes dentro do prazo de presentación das solicitudes do Plan Concellos 2021.

— O acordo ou a resolución de aprobación do proxecto técnico, documento técnico ou análogo das obras ou memoria das subministracións que se inclúen no plan. Cando a aprobación formal non fose posible pola necesidade de dispoñer dalgunha autorización sectorial que está pendente de outorgamento pola Administración, organismo ou entidade que corresponda, a entidade municipal achegará unha declaración responsable do órgano competente conforme se compromete a remitir dita aprobación e a correspondente autorización sectorial xunto coa primeira xustificación.

— Acreditación da titularidade ou, no seu caso, dos acordos de cesión de uso dos terreos, bens ou instalacións nos que se vai facer o investimento, consonte ao recollido na base 8ª.1.6 das reguladoras.

— Acta de trazado previo de acordo co anexo II, no caso de contar coa dispoñibilidade dos terreos precisos para normal execución do investimento

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal, de acordo co procedemento electrónico establecido para o efecto.

Se algún concello presenta a súa solicitude de forma presencial requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na se realice a emenda.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistema de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local