SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2085229 Solicitude de acceso a información pública

A Deputación de Pontevedra garante o acceso das persoas á información pública nos termos establecidos na Lei 19/2013, do 9 de decembro, e na Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra.

O procedemento para o exercicio do dereito de acceso iniciarase coa presentación da correspondente solicitude que deberá dirixirse ao órgano administrativo da Deputación de Pontevedra que posúa a información.

As persoas solicitantes teñen dereito a recibir orientación e asesoramento para o exercicio deste dereito a través das oficinas de asistencia en materia de rexistro da Deputación de Pontevedra.

Ademais, as persoas solicitantes non están obrigadas a motivar a súa solicitude de acceso á información. Porén, poderán expoñer os motivos polos cales solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución. Non obstante, a ausencia de motivación non será por si soa causa de rexeitamento da solicitude.

Prazo de resolución: 1 mes

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Secretaría Xeral

Prazos para o seu inicio e finalización: Aberto todo o ano

Todas as persoas teñen dereito a acceder á información pública nos termos previstos na normativa básica en materia de transparencia.

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, http://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado, dispoñible na parte pública da sede electrónica (https://sede.depo.gal).

  • Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra(enlace)

  • Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e Bo Goberno
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local