2241505 Adhesión de centros de FP con ciclos medios da provincia de Pontevedra para a formación dun consorcio de mobilidade dentro do proxecto Practicum Depo 2020
Os destinatarios desta convocatoria son os centros educativos de Formación Profesional que impartan especialidades oficiais de grao medio situados no ámbito xeográfico da provincia de Pontevedra.
Os centros que presenten a súa solicitude pasarán a formar parte dun consorcio de mobilidade coa finalidade de presentar de forma conxunta unha solicitude ao SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación) dentro da CONVOCATORIA DE PROPOSTAS 2020 — EAC/A02/2019 Programa Erasmus+ (2019/C 373/06) publicada no Diario Oficial da Unión Europea nº C 373/12 o día 05/11/2019.
Documentación requirida
Para poder participar neste procedementos os centros educativos interesados deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
Anexo II (experiencia do centro educativo). Esta información será necesaria para cubrir a información dos respectivos centros no formulario de candidatura do proxecto que se vai solicitar.
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNIe).