SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2217157 Solicitude de vacantes no programa de fomento á empregabilidade “O teu primeiro emprego” en organizacións non gubernamentais

O Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local da Deputación de Pontevedra, publica o procedemento de selección das persoas beneficiarias das subvencións destinadas á contratación laboral en prácticas de tituladas e titulados universitarios e de formación profesional de ciclo superior sen experiencia laboral previa coa finalidade de cubrir os procedementos vacantes da convocatoria publicada no BOPPO Nº169 do 4 de setembro de 2019 no que se regulaban as bases de selección das persoas beneficiarias das subvencións do programa “O TEU PRIMEIRO EMPREGO” en organizacións non gobernamentais.

Resultando vacantes catro titulacións procédese a convocar a apertura dos procedemento de selección das seguintes titulacións:

Titulación

Nº de vacantes de contratos en prácticas

Diplomatura/grao en enfermería

1

Diplomatura/grao en fisioterapia

2

Diplomatura/ grao en logopedia

1

Diplomatura/grao en terapia ocupacional

1

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Promoción e Emprego

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 7 de novembro de 2019 ao 18 de novembro de 2019

As persoas interesadas que reúnan os requisitos previstos no anuncio correspondente no BOPPO.

As titulacións convocadas son as seguintes:

Titulación

Diplomatura/grao en enfermería

Diplomatura/grao en fisioterapia

Diplomatura/ grao en logopedia

Diplomatura/grao en terapia ocupacional

As persoas solicitantes deberán achegar coa súa inscrición a seguinte documentación, segundo corresponda:

  1. Copia do título ou do certificado de estudos realizados
  2. Copia do expediente académico da titulación obxecto da selección
  3. Copia das titulacións distintas á esixida e relacionadas co posto
  4. Copia do título de doutoramento
  5. Copia dos títulos oficiais de máster universitario ou títulos propios da universidade de máster relacionados co contido deste procedemento
  6. Copia dos cursos de especialización, formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, da comunidade autónoma ou da Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados co posto
  7. Copia da tarxeta de demandante ou mellora de emprego
  8. Copia da vida laboral actualizada

As persoas interesadas deberán formular a correspondente solicitude cubrindo o formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), que, unha vez cuberto, xerará a solicitude en PDF que se deberá gardar para presentar na sede electrónica.

<< Formulario de solicitude >>

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado, dispoñible en https://sede.depo.gal, que, unha vez cuberto, xerará a solicitude en PDF que deberá imprimirse e asinarse para a súa presentación presencial.

Outra normativa aplicable:            

  • Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local