O proxecto “Labora 2020” está dirixido aos colectivos vulnerables, indicados como tal na convocatoria de 2018 de axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE), destinadas a entidades locais para a inserción das persoas máis vulnerables (AP-POEFE). Segundo o indicando nesta convocatoria, as persoas destinatarias deberán pertencer preferiblemente aos seguintes colectivos:
Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
Persoas maiores de 55 anos
Persoas co certificado de discapacidade
Inmigrantes
De minorías étnicas ou comunidades marxinadas
Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnica, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e exreclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar
Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais
Documentación requirida
Para a participación na formación deberá presentar a seguinte documentación debidamente actualizada:
Certificado de períodos de inscrición como demandante de emprego
Currículo persoal actualizado.
Currículo do SPEG con servizos
Acreditación documental da formación académica necesaria para acceder ao itinerario formativo elixido, no caso dos certificados de nivel 2 e 3, así como da formación complementaria relacionada con este e da experiencia laboral
Nos casos que proceda e segundo o colectivo de procedencia será necesario achegar o seguinte:
Certificado de estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
Permiso de residencia, de ser o caso
No caso de padecer algunha discapacidade, achegar o certificado de discapacidade, expedido polo órgano competente, debidamente actualizado
Certificado de convivencia, no caso de participantes que se atopen na situación de “Fogares compostos por un único adulto con fillas ou fillos ao seu cargo”
Sentenza xudicial ou orde de protección, no caso de vítimas de violencia de xéner
Acreditación da situación de solicitante de asilo da oficina de estranxeiría correspondente
• Informe ou acreditación de ser unha persoa en risco de exclusión social emitido polos servizos sociais ou polos departamentos da entidade ou Administración competente na materia que concorran nas persoas participantes.
• Certificado de delitos penais e certificado de delitos sexuais nos casos que corresponda
Como facelo
As persoas interesadas deberán:
- Solicitar a formación correspondente na oficina correspondente do Servizo Público de Emprego (SPEG) ou no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria http://emprego.xunta.gal coas súas claves de acceso
- Realizar a preinscrición segundo o modelo establecido no anexo I “Solicitude de participación”, que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) e que se presentará preferentemente por vía electrónica
Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e)
Opcionalmente, aquelas persoas solicitantes poderán presentar de forma presencial a súa preinscrición, descargando o formulario dispoñible na sede electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A preinscrición supón o coñecemento e a aceptación incondicional destas bases reguladoras. Non axustarse aos termos da convocatoria, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información serán causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da LSG.