SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2148482 Solicitude de participación no programa Labora 2020 cofinanciado nun 80 % polo fondo social europeo

O proxecto “Labora 2020” promove a posta en marcha de itinerarios integrados e personalizados para mellorar a formación e a empregabilidade das persoas desempregadas, respondendo a necesidades locais xeradoras de emprego nos sectores con maiores oportunidades de crecemento e creación de emprego.

O presente procedemento regula as condicións de acceso, procedemento de inscrición, selección e participación polas que se rexerá a convocatoria pública das persoas beneficiarias nos itinerarios formativos do proxecto “Labora 2020”.

Itinerarios integrados personalizados

Os itinerarios personalizados de inserción que se desenvolverán no proxecto son os seguintes:

ITINERARIOS FORMATIVOS

PARTICIPANTES

Competencias Clave de Nivel 2 (lingua galega, lingua castelá e matemáticas) + formación complementaria + formación transversal

120

 Nivel 1

Actividades Auxiliares de Almacén + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

60

Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

30

Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

45

Operacións Básicas de Restaurante e Bar + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

60

 Nivel 2

Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

120

Atención Sociosanitaria  a Persoas Dependentes en Institucións Sociais + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

120

Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo, Infantil e Xuvenil+ formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

75

Xestión de Chamadas de Teleasistencia + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

75

Socorrismo en Instalacións Acuáticas + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

30

 Nivel 3

Docencia da Formación Profesional para o Emprego + formación complementaria + formación transversal + prácticas non laborais

120

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local

Prazos para o seu inicio e finalización: O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde o 2 de outubro de 2019 ata o inicio da acción formativa. A data de inicio de cada acción formativa publicarase en www.depo.gal/labora-2020 e na sede electrónica https://sede.depo.gal.

O proxecto “Labora 2020” está dirixido aos colectivos vulnerables, indicados como tal na convocatoria de 2018 de axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE), destinadas a entidades locais para a inserción das persoas máis vulnerables (AP-POEFE). Segundo o indicando nesta convocatoria, as persoas destinatarias deberán pertencer preferiblemente aos seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
  • Persoas maiores de 55 anos
  • Persoas co certificado de discapacidade
  • Inmigrantes
  • De minorías étnicas ou comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnica, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e exreclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

Para a participación na formación deberá presentar a seguinte documentación debidamente actualizada:

  • Certificado de períodos de inscrición como demandante de emprego
  • Currículo persoal actualizado.
  • Currículo do SPEG con servizos
  • Acreditación documental da formación académica necesaria para acceder ao itinerario formativo elixido, no caso dos certificados de nivel 2 e 3, así como da formación complementaria relacionada con este e da experiencia laboral

Nos casos que proceda e segundo o colectivo de procedencia será necesario achegar o seguinte:

  • Certificado de estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • Permiso de residencia, de ser o caso
  • No caso de padecer algunha discapacidade, achegar o certificado de discapacidade, expedido polo órgano competente, debidamente actualizado
  • Certificado de convivencia, no caso de participantes que se atopen na situación de “Fogares compostos por un único adulto con fillas ou fillos ao seu cargo”
  • Sentenza xudicial ou orde de protección, no caso de vítimas de violencia de xéner
  • Acreditación da situación de solicitante de asilo da oficina de estranxeiría correspondente

• Informe ou acreditación de ser unha persoa en risco de exclusión social emitido polos servizos sociais ou polos departamentos da entidade ou Administración competente na materia que concorran nas persoas participantes.

• Certificado de delitos penais e certificado de delitos sexuais nos casos que corresponda

As persoas interesadas deberán:

- Solicitar a formación correspondente na oficina correspondente do Servizo Público de Emprego (SPEG) ou no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria http://emprego.xunta.gal coas súas claves de acceso

- Realizar a preinscrición segundo o modelo establecido no anexo I “Solicitude de participación”, que estará dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) e que se presentará preferentemente por vía electrónica

  • Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e)
  • Opcionalmente, aquelas persoas solicitantes poderán presentar de forma presencial a súa preinscrición, descargando o formulario dispoñible na sede electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A preinscrición supón o coñecemento e a aceptación incondicional destas bases reguladoras. Non axustarse aos termos da convocatoria, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información serán causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da LSG.

<<Formulario para solicitude presencial >>

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Volver
Rexistro electrónico