687344 Adhesión ao plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais
Descrición
Dirixido a
Serán destinatarios destas subvencións os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra.
Non poderán ser beneficiarios destas os concellos que non estean ao corrente das obrigas tributarias para a percepción de axudas públicas coa Axencia Estatal Tributaria (AEAT), coa Facenda autonómica da Xunta de Galicia (ATRIGA) e/ou coa Seguridade Social, circunstancias que serán comprobadas nas condicións establecidas na base sétima.
No que atinxe ao cumprimento das obrigas coa Facenda provincial, estarase ao disposto nos artigos 10.10 e 27.3 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra e no apartado 4 da base 25 das Bases de execución do orzamento, referido á compensación de débedas coas entidades locais.
Documentación requirida
Os concellos interesados deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
A) Proxecto descritivo dos servizos sociais comunitarios municipais (anexo II), segundo o modelo normalizado dispoñible en (https://sede.depo.gal)
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal)
O órgano competente para presentar as solicitudes electronicamente e todos os trámites relacionados co expediente é a alcaldesa ou o alcalde, ou a persoa en quen delegue. No suposto de que delegue a súa presentación, deberá acreditar a representación da persoa designada para levar a cabo a tramitación administrativa do expediente.
Se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda. En todo caso, se tal emenda se realizase fóra do prazo de presentación de solicitudes esta deberá limitarse á presentación electrónica do que xa se entregou presencialmente, sen que se poidan engadir outros datos ou documentos ou rectificar os xa achegados.
Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que prevé a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).