SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2101460 Inscrición no proceso de selección do programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra “O teu primeiro emprego” en organizacións non gobernamentais

Procedemento de selección das persoas beneficiarias das subvencións destinadas á contratación laboral en prácticas de tituladas e titulados universitarios e de formación profesional de ciclo superior sen experiencia laboral previa co fin de poder adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

As contratacións laborais en prácticas que se deriven realizaranse entre as organizacións non gobernamentais da provincia (asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan programas ou sexan titulares ou xestoras de centros ou programas de servizos sociais inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), seleccionadas como entidades colaboradoras) e as e os titulados universitarios e de formación profesional de ciclos superiores co fin de poder adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Promoción e Emprego

Prazos para o seu inicio e finalización: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte á recepción do SMS co código único identificativo, que lle permitirá á persoa preseleccionada.

As persoas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego que reciban un SMS que lles permitirá acceder á sede electrónica da Deputación de Pontevedra para iniciar o proceso de selección.

As persoas solicitantes deberán achegar coa súa inscrición a seguinte documentación, segundo corresponda:

  1. Copia do título ou do certificado de estudos realizados
  2. Copia do expediente académico da titulación obxecto da selección
  3. Copia das titulacións distintas á esixida e relacionadas co posto
  4. Copia do título de doutoramento
  5. Copia dos títulos oficiais de máster universitario ou títulos propios da universidade de máster relacionados co contido deste procedemento
  6. Copia dos cursos de especialización, formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, da comunidade autónoma ou da Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados co posto
  7. Copia da tarxeta de demandante ou mellora de emprego
  8. Copia da vida laboral actualizada

As persoas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego que reciban un SMS cun código único identificativo que lles permitirá acceder á sede electrónica da Deputación de Pontevedra á súa inscrición no proceso de selección da maneira seguinte.

Unha vez identificada co código, o NIF e o código captcha, pulsando o botón “seguinte” accederá ao formulario de inscrición, no que deberá:

  1. Cubrir os datos solicitados no formulario, correspondentes ao modelo oficial de inscrición, e premer o botón “enviar”
  2. Descargar o formulario electrónico xerado pola web tras realizar o envío, que incluirá un código único de inscrición
  3. A continuación, deberase presentar ese formulario xerado durante o proceso de inscrición, debidamente asinado e dentro do prazo establecido
  4. A presentación da inscrición realizarase preferentemente de xeito electrónico a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal. Para a presentación da inscrición, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNIe)
  5. Opcionalmente, poderá presentarse a inscrición presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

Outra normativa de referencia:

  • Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local