SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1017977 Solicitude de adhesión no programa "Tecendo lazos"

A Deputación de Pontevedra a través do programa “Tecendo lazos” desenvolve obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e o tempo libre co obxectivo de por en marcha estratexias, oportunidades e formas de creación de espazos para o encontro, a sensibilización, a promoción do apoio social e o intercambio mutuo, intencionado, comprometido e voluntario de recursos, aprendizaxes, ideas e valores encamiñados a producir entre as distintas xeracións lazos afectivos, cambios e beneficios individuais, familiares e comunitarios, entre outros, que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.

O obxectivo deste programa é promover a transmisión de coñecementos entre as persoas de distintas xeracións, dando a coñecer as tradicións ou os novos relatos de cada un dos municipios a través das achegas do alumnado participante e elaborando un proxecto final de forma conxunta no que se plasme o aprendido.

Poderán participar no programa todos os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra que soliciten a adhesión ao programa.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cohesión Social e Xuventude

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 18 de xuño de 2019 ata o 8 de xullo de 2019

Poderán solicitar estas subvencións tódolos concellos da provincia cunha poboación de menos de 20.000 habitantes.

Ao adherirse ao programa os concellos terán a obriga de cumprir as bases do programa en todo o seu contido, así como a de poñer a disposición as súas instalacións e a proporcionar os medios materiais que se lles requiran para o correcto desenvolvemento do obradoiro escollido, nos termos que se recollan no catálogo, e a organizar, conxuntamente coa empresa adxudicataria, un acto de entrega de diplomas ao finalizar cada obradoiro.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Se a entidade presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda. En todo caso, se tal emenda se efectuase fora do prazo de presentación de solicitudes, esta deberá limitarase á presentación electrónica do previamente presentado presencialmente, sen que poidan engadirse outros datos ou documentos ou rectificar os xa achegados.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia

Volver