Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver

2093072 Subvencións a entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 20.000 habitantes para entrega de desfibriladores

Subvencións en especie consistentes na entrega aos concellos beneficiarios de desfibriladores semiautomáticos externos (DESA), cuxa adquisición se fará pola Deputación de Pontevedra, quen financiará ata o cen por cen dos gastos que se xeren, durante a anualidade 2019, derivados da merca dos desfibriladores para a súa colocación en edificios, instalacións, equipamentos ou espazos de titularidade municipal, en base ás competencias que lles corresponden en materia de deportes e que lles resultan atribuídas polo artigo 25.2.l) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cooperación

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 17 de xuño de 2019 ata o 28 de xuño de 2019.

Poderán solicitar estas subvencións tódolos concellos da provincia cunha poboación de menos de 20.000 habitantes, segundo a correspondente certificación expedida polo Instituto Galego de Estatística (IGE) referida á última actualización do censo, que desexen acollerse a esta convocatoria, que cumpran cos seus requisitos e que non se atopen incursos nas causas de prohibición para obteren a condición de beneficiarios establecidas no artigo 13.2 da LXS e no artigo 10 da LSG.

As entidades interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

  • Certificado expedido pola persoa pública competente, no que se faga constar se a entidade obtivo ou solicitou calquera outra axuda ou subvención para a mesma finalidade, que non consta ningunha resolución ou acordo de que a entidade está incursa en causas de prohibición para a percepción de axudas públicas e que a entidade beneficiaria se compromete a habilitar o crédito necesario para facer fronte á achega municipal que corresponda polo importe non subvencionado de cada desfibrilador concedido, no seu caso, ata un máximo do 50% do seu custo, e a facer o ingreso na conta da Deputación antes do inicio da licitación do contrato de adquisición dos desfibriladores.
  • Certificado expedido pola persoa pública competente, no que se faga constar o acordo do órgano competente da entidade da aprobación da solicitude.
  • Certificado expedido pola persoa pública competente, no que se faga constar o número de desfibriladores que posúe a entidade.
  • Certificado expedido pola persoa pública competente, no que se faga constar a titularidade da instalación, campo, parque ou ben onde se vaia colocar o desfibrilador ou desfibriladores obxecto da subvención.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Se a entidade presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda. En todo caso, se tal emenda se efectuase fora do prazo de presentación de solicitudes, esta deberá limitarase á presentación electrónica do previamente presentado presencialmente, sen que poidan engadirse outros datos ou documentos ou rectificar os xa achegados.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Volver
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra