2092986 Solicitude de adhesión ao programa Depoemprende
Descrición
Dirixido a
Poderán beneficiarse desta convocatoria os centros educativos da provincia de Pontevedra que cumpran os seguintes requisitos:
DepoEmprende na escola
Centros educativos que imparten Educación Primaria da provincia de Pontevedra sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: alumnado de 5.º e/ou 6.º de Educación Primaria.
Centros educativos que imparten Educación Especial da provincia de Pontevedra sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: alumnado de Educación Especial.
DepoEmprende na ESO
Centros educativos que imparten Educación Secundaria Obrigatoria da provincia de Pontevedra sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: alumnado de 4.º da ESO, preferentemente aquel que curse as materias Iniciativa á Actividade Emprendedora e Empresarial, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional ou outras similares.
DepoEmprende na FP
Centros educativos que imparten Formación Profesional de grao medio e/ou grao superior, sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: alumnado de Formación Profesional, preferentemente aquel que curse o módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora ou similares.
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, (https://sede.depo.gal), de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
Se algún dos centros interesados presenta a súa solicitude presencialmente requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).