Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver

2092986 Solicitude de adhesión ao programa Depoemprende

A Deputación de Pontevedra, dentro da liña de apoio ao emprendemento que está a impulsar en diferentes áreas, promove o desenvolvemento de proxectos que integran experiencias innovadoras nos centros educativos para promover a orientación profesional e o emprego. Neste contexto, de acordo co Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, co fin de fomentar a cultura emprendedora, propón realizar unha convocatoria aos centros educativos públicos da provincia de Pontevedra para participar no programa DepoEmprende, que ten como finalidade apoiar a adquisición das competencias clave, centrándose en maior medida no fomento do sentido da iniciativa e do espírito emprendedor.

Esta convocatoria diríxese aos centros educativos da provincia de Pontevedra de Educación Primaria, Educación Especial, Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional que están sostidos con fondos públicos e dependen da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para participar nos diferentes proxectos que acolle o programa: “DepoEmprende na escola”, “DepoEmprende na ESO” e “DepoEmprende na FP”.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 3 de xuño de 2019 ata o 31 de xullo de 2019

Poderán beneficiarse desta convocatoria os centros educativos da provincia de Pontevedra que cumpran os seguintes requisitos:

DepoEmprende na escola (anexo I das bases)

  • Centros educativos que imparten Educación Primaria da provincia de Pontevedra sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: alumnado de 5.º e/ou 6.º de Educación Primaria.
  • Centros educativos que imparten Educación Especial da provincia de Pontevedra sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: alumnado de Educación Especial.

DepoEmprende na ESO (anexo II das bases)

  • Centros educativos que imparten Educación Secundaria Obrigatoria da provincia de Pontevedra sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: alumnado de 4.º da ESO, preferentemente aquel que curse as materias Iniciativa á Actividade Emprendedora e Empresarial, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional ou outras similares.

DepoEmprende na FP (anexo III das bases)

  • Centros educativos que imparten Formación Profesional sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: alumnado de Formación Profesional, preferentemente aquel que curse o módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora ou similares.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Se algún dos centros interesados presenta a súa solicitude presencialmente requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, de 1 de outubro , do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das bases do réxime local

Volver
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra