Persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2004, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos ou actividades de obras e actos de edificación e máis o uso dos terreos situados en zonas de influencia das vías públicas provinciais.
Documentación requirida
As persoas interesadas deberán achegar durante a tramitación do procedemento:
A taxa que nace da obrigación de contribuír cando se inicie a actividade que constitúe o seu feito impoñible segundo o previsto na Ordenanza fiscal reguladora da taxa por autorización de obras e actuacións nas zonas de influencia das estradas provinciais.
Como facelo
As solicitudes deberán realizarse preferentemente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores. Se algunha destas persoas interesadas presenta a súa solicitude e autoliquidación presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes e autoliquidacións presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.
Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).